terça-feira, 13 de outubro de 2009

FUSION FESTIVAL







Este é o mural que nos curramos Mateo Fumero e máis eu no Fusion Festival (150km ao norte de Berlín). Creo que o mellor festival o que fun nunca, e ao que espero volver os vindeiros anos!
O festival faise cada ano nun espacio natural que antigamente pertencía as forzas aéreas soviéticas. Por iso está cheo de grandes hangares adicados cada ano a diferentes cousas. Cine, cabaret, teatro (que é o que pintamos nós), música, circo.....todo preparado para que durante catro días non falte de nada.
Asisten cada ano cerca de 50.000 persoas dende todas as partes do planeta. Ademáis ten un prezo moi económico, e incluso é posible traballar algunhas horas antes ou durante o festival para asistir de balde. Vale moito a pena intentar ir unha ou duas semanas antes e axudar a montar todo o tinglado. A xente que o organiza e do mellor que hai no mundo, e ofrecen unha comida exquisita aos voluntarios.
Quen se anima a vir o ano que ven?
Algunhas direccións de interese;
Mateo Fumero (expléndido artistazo catalá): http://www.flickr.com/photos/84247700@N00/
Au-ments (Compañía de teatro mallorquina que realizou varias funcións durante o festival e que fan unhas cousas incríbles): http://www.auments.com/





1 comentário:

Anónimo disse...

q pasada Pino