terça-feira, 13 de outubro de 2009

PROSTITUCIÓN


Lévase falando da prostitución dende sempre, e temos a costume de marear a galiña. Legalizala? Abolila?



Realmente estas son as cuestións a tratar?



A prostitución está totalmente arraigada na nosa estructura social. Por iso que se legalice ou non, só faría mover o problema de un lado a outro, a non ser, que antes se tomaran outro tipo de medidas.



Todos temos unha visión, de un modo ou outro, negativa cara a prostitución. Se na nosa sociedade hai unha tendencia ao desprezo da muller, non fai falla falar da situación das prostitutas frente ó mundo.



A legalización ou a abolición só son duas palabras vacías neste contexto. A prostituta seguiría a ser unha puta abandonada nesta sociedade.





Ilustración para Tempos Novos, Outubro 2009, nº 149.

Sem comentários: