terça-feira, 13 de outubro de 2009

CRTVG




Temos radio e televisión públicas na Galiza? Habela haina, pero fica ameazada dende hai máis de vinte anos.



Ano tras ano, goberno trais goberno e promesa trais promesa a CRTVG segue a ser o mesmo de sempre. De xeito, nunca foi doutra forma. A lei que rixe a designación do Consello de Administración segue a ser incumprida. O goberno de turno nomea en cada lexislatura a persoas (que deberían ser profesionais do medio) que máis lle interesan para manter os seus intereses intactos.



Non hai preocupación pola profesionalización e a independencia da CRTVG, polo que así nunca teremos unhas canles de comunicación de calidade. É preciso desvincular dunha vez por todas a relación que existe entre cada novo parlamento e a cultura. Non pode ser que cada catro ano os políticos de turno xoguen ao dominó con nós.


Ilustración para Tempos Novos, Xullo 2009, nº146




Sem comentários: