Está claro que está a fallar algo...pero non é a lei. O problema e que o poder non ten base, e autoridade que este da, menos. Quero decir que a forma de actuar soe ser a fácil e efectista en casos con tanta repercusión popular e mediática. Por un lado solucións a longo plazo como programas de reeducación ou seguementos das persoas con problemas non interesan. Polo outro (e aínda menos mal...) a nosa moralidade rechaza, en principio, solucións máis radicais como a cadea perpetua ou mesmo a pena de morte. Tendemos a sentirnos ben por recurrir a solucións rápidas que nos producen un benestar efímero, alonxándonos do mal. E logo, volta a comezar. E sen querelo recurrimos a pequenas condeas perpetuas chamadas odio, violencia, agresividade ou intransixencia que recaen sobre nos unha e outra vez.
Son moi interesantes os artigos que ilustra este debuxo no mes de maio da revista Tempos Novos, así que xa sabedes...que unha vez ó mes non fai dano.
3 comentários:
Como me gustan ambos, texto e ilustración.
aver si é certo e te deixas ver!
Biquísimos guapo!
ji ji ji
Xa non teño que dicir máis, non?
debesme unha cena e unhas cuncas polo pedazo de cartel que te fixen, puto!
E teño as tuas chaves... ji ji ji
menudo peixe!
unha aperta mona
mi blog...
nano
Enviar um comentário