![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgn4Zd3RPTKNC3-u-Pulvq13eThwBaBNIDm7YlnznDRPa4heduAI2NUQeCTtU7wM3ugDvHOn722_GIgiMqFiqN59N_YPl7R_Y8K_HMIQh2Qy6qqyoRlRBAbGLztAWeOnuQjJtpHM-nmrVxS/s400/tresdec.jpg)
Ilustración para o Tres en raia do mes de decembro da revista Tempos Novos. É unha sección de opinión profesional, onde cada mes aporto a miña visión persoal en forma de imaxe.
Neste caso o tema central era SOGAMA;
A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, e adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Concíbese, por tanto, como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.
A pesar de esta amable definición, a verdade e que a xestión desta planta de residuos está dando problemas de todo tipo dende o principio. En primeiro lugar foi o goberno de Fraga o que fixo deste organismo público un ente privado adxudicando os contratos a dedo e por conveniencia. Cambio de goberno, e como moitas outras cousas, continua o mal funcionamento. Desta vez se c adra son problemas infundados...ou se cadra non.
De todas formas a cuestión principal e que só se estaba a reciclar fai un ano o 14% dos residuos chegados á planta e tirando directamente ó vertedoiro a metade dos que chegan cada día, para rematar queimandoos con todas as consecuencias que conleva. E esta historia xa ten moitos cumpreanos...
Sem comentários:
Enviar um comentário