segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

Viaxe ao país dos abrazos


Pois bueno...isto é o resultado dun proxecto bastante modesto pero a súa vez traballado sobre a experiencia da viaxe do ano pasado á India. Está sendo producido en varias fases; fotos tomadas na viaxe sen ningunha orde aparente, que xa estando aquí seleccionei despois de decidir o que quería contar, e traballo posterior que estará en proceso ata días antes de presentalo. Esta última parte comprende textos, debuxos e pequenas esculturas en forma de ilustracións ademáis de outras cousiñas que se me van ocurrindo. Esta parte pretendo que non remate con esta primeira mostra ó publico e que dure o que teña de durar.

Agora mesmo consiste nunha selección de imaxes (principalmente fotografía) onde intento mostrar a miña visión sobre a forma de vida e o ritmo do tempo na India. A inaguración será o xoves 14 de febreiro, e estará exposta arredor dun mes (centro social A Esmorga, Rúa Telleira 9). Ademáis intentarase crear un ambiente máis propicio para a ocasión, con pinchos indios, algo de música bengalí...
A idea da exposición baséase no estancamento-movemento desas terras e a súa filosofía de vida. Pretendo seguir traballando en base a iso, e co tempo mover a expo a outros sitios sacando e incluindo novas imaxes e obxetos.
Despois dunha experiencia deste tipo, e tan curta como foi (seis semanas nada máis), róndanme a cabeza miles de ideas que alí non fun capaz de distinguir entre a tormenta de cousas que íamos vivindo co paso dos días. Realmente non sei moi ben que resultado vai dar, pero paréceme interesante experimentalo en marcha.




Vémonos!!

3 comentários:

Anónimo disse...

está xenial, a idea é moi boa seguro que aprendemos moito....
beixiños

biosbardo disse...

hoxe comentaronme na escola de facer unha exposición de fotos sobre a India jajaja mira tu por onde pataliebre
seguro que está xenial a tua ali nos teras mais que nada polos pinchos jajaja

Quoyan Hayel disse...

Pinta estupendamente, alí estaremos pois, con bici ou sen ela ,)